Monday 16 de September de 2024

Aberto ata o 7 de xuño o prazo para anotarse na “VII Carreira escolar Concello de Neda”


A proba realizarase desta volta na contorna do albergue de peregrinos

O Paseo de Xuvia será sábado 15 de xuño o escenario da sétima edición da Carreira escolar Concello de Neda. A proposta, concibida para impulsar a práctica de atletismo, e fomentar a convivencia entre o alumnado local, abre o prazo de inscrición tanto para os centros educativos nedenses como para estudantes doutros municipios que queiran participar.

A proba disputarase a partir das 10 horas na contorna do albergue de peregrinos. E a idade dos nenos e nenas –menores de entre 4 e 12 anos- determinará tanto a adscrición a unha das catro categorías existentes e tamén a distancia que deberán percorrer.

Así, os máis cativos competirá na categoría biberón (nacidos no 2019 ou no 2020) correrán 50 metros aproximadamente; os pre-benxamíns (nados no 2017 e no 2018), 350 metros; os benxamíns (2015 ou 2016) un total de 700 e, finalmente, os alevíns (de 2012, 2013 ou 2014) correrán 1050 metros.
Como en anos anteriores, os colexios nedenses deberán facer a inscrición como equipo, tendo que enviar a relación de integrantes antes da medianoite do 7 de xuño, ao correo electrónico escolasneda@gmail.com. A través dese mesmo email e dentro do mesmo prazo poderá inscribirse a rapazada doutros colexios que queira sumarse á proba deportiva. Neste caso, terán que indicar nome e apelidos, DNI, idade, e nome centro ao que pertencen.

A VII Carreira escolar enmarcase na aposta municipal por promover o “Deporte en igualdade” e acabar con estereotipos de xénero arraigados no mundo deportivo. E todos os corredores/as, independentemente da posición na que finalicen, recibirán o correspondente diploma de participación.